As obras de rehabilitación da rúa Recamán, a punto de rematar
Por Redacción
Os traballos de pavimentación da rúa Recamán de Marín están a chegar a súa fin. A actuación realizouse sobre o firme para acometer a rehabilitación e o mantemento, co que se contribúe a aumentar a seguridade viaria, cun orzamento de 77.282 euros.
As obras consistiron na limpeza de beirarrúas que delimitan o contorno do pavimento da calzada que se está reformando, unha limpeza mediante hidrolimpadora a alta presión para eliminar a maleza vexetal e todo tipo de elementos.
Tamén se desmontou e foi trasladado o semáforo na esquina avenida Jaime Janer, que regula a intersección coa rúa Recamán. Implantar nese punto un vado peonil.
Na intersección coa pista a Viñas Brancas créase un paso de peóns e outro no Camiño vello de San Pedro. Tamén se desenvolve unha reparación de beirarrúas, naquelas zonas defectuosas e deterioradas. Presérvanse todos os rexistros, sumidoiros e arquetas situadas na calzada e non se modifica a rasante.
Durante estes últimos días de traballo na zona, os operarios de Construcións, Obras e Viarias S.A. realizan o pintado e a colocación dos sinais.
A obra está recollida dentro do plan de obras e servizos, denominado Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.