Na noite deste luns péchanse ao tráfico as rúas Raíña Vitoria e Alameda con motivo das festas da Peregrina
Por Redacción
Este luns 7 de agosto, a partir das 23.00 horas, pecharanse ao tráfico as rúas Raíña Vitoria e Alameda para levar a cabo a instación dos elementos de lecer para as festas da Peregrina.
Segundo informa a Policía Local, colocáronse as valos coa sinalización para prohibir o estacionamento na rúa Martitegui a partir das 15.00 horas; na Alameda a partir das 21.00 horas cando finalice o horario de servizos e en Raíña Vitoria tamén a partir das 21.00 horas.
A partir das 23.00 horas xa se procederá ao peche ao tráfico destas dúas últimas rúas. En Raíña Vitoria cortarase o tráfico desde a entrada e saída do aparcamento da Alameda ata o cruzamento da rúa Palamios.
Na rúa Alameda córtase desde a rotonda San Roque-Paseo de Colón ata a rúa Enrique Marescot, á altura da Subdelegación do Goberno.
Na rúa Echegaray restrinxirase a circulación para que só poidan acceder residentes e servizos. O acceso levará a cabo pola rúa Maestranza, fronte á fachada principal da Facultade de Belas Artes e no ambulatorio Virxe Peregrina.
Vai investirse a dirección de Xeneral Martitegui para permitir o acceso ao aparcadoiro da Praza de España.
Na rúa San Roque restrínxese o tráfico de acceso desde Corbaceiras ata a rúa Alameda, agás para residentes.
Desde Paseo de Colón a dirección obrigatoria será cara Corbaceiras, con excepción do acceso ao aparcadoiro soterrado de Raiña Vitoria.