Os colexios de Marín acollen obras de mantemento en agosto
Por Oskar Viéitez
Aproveitando o parón lectivo o Concello de Marín está a levar a cabo obras de conservación e mantemento nos centros educativos de Infantil e Primaria.
Os traballos empezaron polo CEIP Carballal onde se acometeron diversas reparacións no tellado do edificio e nos patios de recreo.
As obras neste centro ascenderon a case 15.000 euros e realizáronse parte polas brigadas municipais e unha empresa externa que estes días xa está ocupada co CEIP A Laxe onde se orzou a mesma cantidade.
Neste caso as obras consistiron en arranxos en arquetas e limpeza, saneado e selado das bajantes e canlóns do tellado do pavillón ou a ancoraxe dos xogos existentes no patio de infantil para garantir a seguridade. De maior calado foi a reforma de dous aseos, que presentaban problemas e necesitaban unha reforma integral.
En ambos os colexios procedeuse a reparar as humidades existentes e emendáronse os problemas na carpintería.