Unha furgoneta de reparto choca contra un tráiler en Lantaño
Por Oskar Viéitez
Unha vendedora ambulante de peixe chocou este venres coa súa furgoneta de reparto contra un tráiler.
O suceso tivo lugar este venres ao mediodía na estrada PO-8004, en Lantaño, á altura da ponte da autoestrada AP-9, no municipio de Portas. Non houbo feridos.
O servizo de Emerxencias 112 tamén informou dun accidente entre catro coches na parroquia pontevedresa de Campañó con varios feridos leves. Tratouse dunha colisión por alcance ocorrida ao mediodía na estrada de Vilagarcía pouco antes de chegar ao cruzamento de Alba.
Finalmente tívose constancia doutro sinistro na tarde do venres, neste caso no concello de Vilaboa. Un coche saíuse da vía e acabou envorcado. Dous dos ocupantes do turismo, segundo o 112, resultaron feridos.