Preto de 500 persoas participan no Xantar da Terceira Idade da Lama
Por Redacción
A Lama celebrou o tradicional Xantar da Terceira Idade, organizado polo Concello, que chega ao seu vixésimo primeira edición. Nesta ocasión, a comida tivo que celebrarse no Pavillón de Deportes debido ao mal tempo e á presenza de numerosos comensais, preto de 500 persoas.
Estaba previsto que o evento se celebrase na carpa da Ermida, pero a inestabilidade metereológica obrigou ao alcalde Jorge Canda a trasladar o acto ao pavillón deportivo no que se garantía a seguridade e os asistentes puideron bailar sobre unha superficie seca.
Jorge Canda estivo acompañado polo vicepresidente do Concello de Cerdedo-Cotobade José Balseiros; a deputada de Cohesión Social Digna Rivas e a Xefa Territorial de Servizos Sociais, Marta Iglesias.
A charanga Os Encerellados de Campo Lameiro amenizaron o acto con música e bo humor.