Tráfico monta un dispositivo especial con motivo da Festa do Albariño en Cambados
Por Redacción
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra informou que con motivo da Festa do Albariño de Cambados 2017, actívase durante este fin de semana e ata o vindeiro luns día 7, unha campaña especial de vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas, intensificando os controis en calquera tipo de estradas, e a calquera condutor co obxectivo de disuadilos de conducir cando consumisen alcol ou drogas.
Os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán que os condutores cumpran a normativa en canto se refire ao cumprimento dos límites legais creando a concienciación de que non soamente o alcol e a condución é un binomio perigoso, senón que tamén as drogas e a condución son en moitas ocasións sinónimo de morte.
Aínda que a vixilancia sobre estes consumos é permanente, o Subsector de Tráfico, resalta que durante estas festas intensificaranse os puntos de verificación de alcoholemia e de drogas nas vías de comunicación secundarias, o cal poñerá de manifesto un gran esforzo operativo da Unidade.
Unha vez máis, incídese que o importe da sanción por conducir con drogas ou alcol no organismo é de 1.000 euros e 6 puntos menos no carné e que podería chegar a ser delito dependendo da sintomatología ou se se ve involucrado nun accidente. A prevención de accidentes de circulación non está rifada coa diversión destes días.
Así mesmo suxírese que comuniquen a través dos teléfonos 112 ou do 062 de calquera comportamento anómalo con respecto á seguridade viaria que presencie, alertando ás patrullas en evitación de que se produza un accidente.
Relacionadas:
-
Máis de 200 condutores deron positivo en alcol ou drogas tras pasar pola Festa do Albariño
Por Redacción |
-
VIDEO.- Así foi o nomeamento de novas Damas e Cabaleiros do Albariño
Por Oskar Viéitez |
-
Cambados esgota os cataviños
Por Diego Torrado |
-
Concerto baixo a choiva de The Waterboys en Fefiñáns
Por Redacción |
-
O Túnel do Viño e das Catas Temáticas combínase coa Festa do Albariño en Cambados
Por Redacción |
-
Arranca en Cambados a Festa do Viño Albariño
Por Oskar Viéitez |