O Náutico da Toxa inaugura as novas instalacións
Por Oskar Viéitez
O Club Náutico da Illa da Toxa inaugurou este venres as novas instalacións.
A nova infraestrutura foi financiada integramente polos socios do club náutico, promotor das instalacións, que xestionará a través dunha concesión de Portos de Galicia.
O investimento realizado superou o millón de euros e permitiu a habilitación de 59 plazas de amarre, distribuídas da seguinte forma: 17 para embarcacións de 8 metros, 17 de 10 metros, 16 de 12 metros, 2 de 14 metros, 2 de 16 metros e 5 de 18 metros.
A superficie ocupada en terra polas novas instalacións abarca 1.403 metros cadrados e a da lámina de auga, 9.954.
Ao acto asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o alcalde do Grove, José María Cacabelos.