O Túnel do Viño e das Catas Temáticas combínase coa Festa do Albariño en Cambados
Por Redacción
Este xoves abría as súas portas a Sétima Edición do Túnel do Viño e das Catas Temáticas no Salón de Congresos e Exposicións José Pena de Cambados coa participación de 140 marcas pertencentes a 58 adegas e un catador para asesorar aos participantes.
O presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo indicaba que este actividade permitirá aos visitantes coñecer máis sobre os viños, as variedades, subzonas e as elaboracións.
As dez primeiras mesas do túnel son de viños da Anada 2016, mentres que as tres seguintes corresponden a colleitas anteriores e elaboracións espaciais. A 14 destínase a viños espumosos e a 15 é para os tintos.
Nesta ocasión, o Salón conta cun espazo de reunións a disposición dos adegueiros. O delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal acudiron a este acto de apertura. A inauguración oficial será este venres ao mediodía.
Esta proposta serve de complemento á Festa do Albariño que se desenvolve no Paseo da Calzada e manterase aberta ata as 14.30 horas do domingo 6 de agosto.
Neste Túnel, once adegas de Rías Baixas levarán a cabo 13 catas temáticas, desde o venres ata o domingo.
Relacionadas:
-
Dous detidos por 14 furtos de bolsos, móbiles e carteiras durante a Festa do Albariño
Por Redacción |
-
VIDEO.- Así foi o nomeamento de novas Damas e Cabaleiros do Albariño
Por Oskar Viéitez |
-
Cambados esgota os cataviños
Por Diego Torrado |
-
Concerto baixo a choiva de The Waterboys en Fefiñáns
Por Redacción |
-
Tráfico monta un dispositivo especial con motivo da Festa do Albariño en Cambados
Por Redacción |
-
Arranca en Cambados a Festa do Viño Albariño
Por Oskar Viéitez |
-
Juan Gil de Araújo, reelixido como presidente da D.O. Rías Baixas
Por Redacción |