Así "sobrevive" a antiga fonte de Fixón na parroquia de Santomé
Por Redacción
Os veciños da parroquia de Santo Tomé de Piñeiro en Marín denuncian o estado de abandono en que se atopa a antiga fonte de Fixón. A día de hoxe non é máis que unha calexa pola que cae a auga entre a maleza.
Desde esta parroquia lamentan que o Concello permitise a súa derriba para soterrar o río que pasaba fronte a ela porque prometeran restaurala e acondicionala para o seu uso.
Con todo, co paso do tempo, sinalan que non se fai caso ás queixas veciñais e a fonte continúa nunha situación de derriba. Os afectados afirman que as zonas do rural de Marín son deixadas de lado por parte do goberno municipal. Reclaman unha actuación inmediata para que se recupere a tradicional fonte de Fixón.