O PSdeG leva ao Parlamento a situación do servizo sanitario no concello de Cuntis
Por Oskar Viéitez
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha proposición non de lei para que o Parlamento galego inste á Xunta de Galicia a que garanta o servizo sanitario de maneira permanente no concello de Cuntis, "substituíndo ao persoal que se atope de baixa ou en vacacións de maneira inmediata e con eficacia, para non deixar á poboación sen atención sanitaria ".
A redución de servizos sanitarios no verán xa foi obxecto de debate parlamentario nas pasadas semanas.
No municipio de Cuntis deuse a situación de que o centro de saúde non tivo facultativo que atendera o servizo ao inicio deste mesmo luns 31 de xullo.
O goberno municipal, para constatar este abandono por parte do Sergas fixo comprobar á Policía Local a ausencia de cobertura para toda a veciñanza, "froito das dificultades que a Consellería de Sanidade pon para cubrir vacacións e baixas dos profesionais nos centros de saúde".
Relacionadas:
-
Queixa da corporación cuntiense pola falta de resposta do conselleiro de Sanidade
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis convoca unha concentración para protestar pola "mala asistencia sanitaria" no centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
Licitan o contrato asistencial para o centro de día de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis confía en que a Xunta abra o centro de día no 2018
Por Redacción |
-
Os socialistas trasladan ao Parlamento as queixas pola falta de pediatra no centro de saúde de Dena
Por Redacción |
-
O Sergas asegura que a ausencia de médico en Cuntis do luns foi un "caso puntual" de hora e media
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Cuntis esixe ao Sergas que cubra as baixas médicas do centro de saúde
Por Oskar Viéitez |