O Concello de Cuntis esixe ao Sergas que cubra as baixas médicas do centro de saúde
Por Oskar Viéitez
O grupo de goberno no Concello de Cuntis solicita o Servizo Galego de Saúde e á xerencia dos hospitais de Pontevedra e O Salnés que cubra as baixas dos médicos do centro de saúde de Cuntis, tanto por vacacións como por permisos.
O alcalde de Cuntis, o socialista Manuel Campos, facéndose eco das queixas dos usuarios, ordenou este luns á Policía Local que realizase unha comprobación neste centro santario para saber cantos facultativos había no ambulatorio do Espadenal.
O resultado, segundo trasladaron fontes oficiais do concello, foi que dende a hora de apertura as 8.00 horas da mañá ata as 9.30 horas que se incorporou o médico substituto dun dos titulares que se encontra de permiso non tivo asistencia de ningún facultativo.
Esta situación, que xa se repetiu a semana pasada, é considerada coma "grave" polo que o goberno local "solicita que se cubran de forma inmediata ditas baixas e non se deixe aos veciños de Cuntis sen asistencia sanitaria, á que teñen dereito", dixo Manuel Campos.
Relacionadas:
-
O pleno de Cuntis aproba a cesión gratuíta ao Sergas do Centro de Saúde de Espadenal
Por Redacción |
-
Multitudinaria concentración veciñal en Cuntis para esixir unha atención sanitaria digna
Por Redacción |
-
Cuntis convoca unha concentración para protestar pola "mala asistencia sanitaria" no centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG leva ao Parlamento a situación do servizo sanitario no concello de Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas asegura que a ausencia de médico en Cuntis do luns foi un "caso puntual" de hora e media
Por Redacción | Creada e actualizada