O concello asume a coordinación das festas de Portonovo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo coordinará por primeira vez a organización das festas de San Roque de Portonovo que se celebrarán entre o 14 e o 19 de agosto. Estas festas financiáronse os últimos anos, no seu maior parte, co diñeiro da feira multisectorial.
Desde o goberno local entenden que esta decisión é "lóxica" e que "se manterá durante os próximos anos" tendo en conta que o Concello asumiu definitivamente a xestión integral da feira multisectorial. O Concello contará con todas as persoas e colectivos que viñan colaborando na organización das festas, especialmente con Carlos Conde que acumula unha ampla experiencia na súa organización.
Ademais o goberno de Telmo Martín avanza que "o que agora facemos coas festas de San Roque, podería facerse tamén coas festas doutras parroquias se así o deciden os os seus veciños" xa que a súa intención é "profesionalizar a xestión das festas e actividades que veñen celebrando en Sanxenxo".
Insua Sanxenxo, que é a empresa municipal que se encarga da xestión da feira multisectorial de Portonovo tamén asumirá a xestión doutros servizos de verán, "que queremos mellorar para poder ofrecer unha imaxe de maior calidade".
FEIRA MULTISECTORIAL
Este luns fíxose o sorteo das casetas de e feira multisectorial resultando adxudicados todos os postos. Un total de 40 persoas teñen a caseta que solicitaron como primeira opción, cinco persoas teñen a que pediron de segunda opción e outras cinco a que solicitaron como terceira. O resto de solicitudes tiveron que adxudicarse mediante sorteo.
Dez solicitantes quedáronse en lista de espera.