A Deputación incorpora aos seus programas de igualdade as demandas de 234 entidades da provincia
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra rematou este luns en Silleda unha rolda de reunións con entidades da provincia para escoitar as súas demandas e incorporalas nos programas que a institución provincial está poñendo en marcha desde os servizos de Igualdade e Cohesión Social e Xuventude. Máis polo miúdo, as reunións, nas que participaron entidades de toda a provincia, tiveron lugar nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Silleda e serviron tamén para dar a coñecer os obxectivos dos programas "Conectadas" e "Depo en marcha" que se están a iniciar estas semanas nos concellos da provincia.
A deputada de Cohesión Social e Xuventude e persoas deste servizo e do de Igualdade da Deputación de Pontevedra reuníronse cun total de 234 entidades.
Durante as reunións tamén se aproveitou para escoitar as demandas formuladas polas diferentes entidades coa finalidade de incorporalas nas bases dos programas de Igualdade e Cohesión Social de cara ao vindeiro ano.
A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Igualdade, destina ao programa "Conectadas", no que participaron o ano pasado máis de 5.000 persoas, 324.000 euros.
Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Cohesión Social e Xuventude, destina ao programa "Depo en marcha 2017" 120.000 euros. A través desta actuación, a institución provincial organiza 161 obradoiros en 39 concellos da provincia para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecendo relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias.
Relacionadas:
-
A Deputación e a Universidade de Vigo ofertan un curso de igualdade para profesorado e o alumnado
Por Oskar Viéitez |
-
La Deputación recibe 3,5 millones de euros de fondos europeos para proyectos de empleo
Por Redacción |
-
PSOE e BNG sopran as velas do seu segundo ano á fronte do goberno da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva considera unha "vergoña" que o PP non aprobe a lei de identidade de xénero
Por Oskar Viéitez |