O PP culpa a Lores de prorrogar o servizo de limpeza sabendo que as máquinas estaban obsoletas
Por Redacción
O Partido Popular considera que o grupo de goberno de Miguel Anxo Fernández Lores é o culpable da situación que sofren os traballadores da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria en Pontevedra, que se queixan das malas condicións nas que se atopa a maquinaria de traballo.
Os representantes do grupo municipal do PP mantiveron unha reunión con representantes sindicais e traballadores de Cespa-Ferrovial, adxudicataria deste servizo. O delegado sindical de CIG, Javier Dapena, puntualizou que o PP non mantivo reunión oficial algunha co comité de empresa.
Os populares encabezados por Jacobo Moreira sinalan que o servizo por parte desta empresa foi prorrogado unilateralmente polo goberno local ata en tres ocasións (2011, 2014 e 2017) cando era coñecedor, grazas a un informe encargado en 2010, de que soamente se podía aproveitar un camión colector de carga traseira e un tractor desbrozador dun total de 45 vehículos e maquinaria. A pesar destes datos, César Abal do PP denuncia que se prorrogou o servizo a pesar de coñecer as súas dependencias.
Abal alerta de que se dispuxese de maquinaria de última xeración, cos 125 empregados cos que se realizan os traballos de limpeza, o servizo atoparíase garantido.
Ademais, os populares cualifican de "moi deficiente" a limpeza que se preseta no rural, sen plan de reposición de colectores