O PP urxe a través dunha moción que o Concello e a Deputación busquen "diálogo e consenso" no rural
Por Redacción
O PP de Pontevedra insiste nas súas peticións ao goberno local para que escoite as demandas do rural en relación coa instalación de lombos nas distintas parroquias e acaba de presentar unha moción para o seu debate no próximo pleno da Corporación na que amplía a súa petición tamén á Deputación Provincial, cun goberno bipartito PSOE-BNG. Cabe lembrar que a última moción presentada en relación cos 'lombos', no pleno municipal, saíu aprobada e tan só opúxose á instalación destes elementos en Lérez e Xeve a portavoz de Cidadáns, María Rey.
Os 'populares' urxen "o diálogo e o consenso" do Concello e da Deputación coas asociacións e colectivos de cada parroquia, incluída a recentemente creada plataforma ‘O Rural Existe’, para localizar as zonas sensibles nas que sexa necesario intervir en materia de seguridade vial e determinar así as medidas a adoptar en cada caso.
A petición do PP tamén inclúe que as administracións local e provincial rectifiquen todas aquelas actuacións realizadas ata o momento que non conten co respaldo do veciños de cada parroquia.
O concelleiro Jose Luis Martín encabeza as reivindicacións do PP neste ámbito e insiste en que a instalación indiscriminada de lombos no rural pontevedrés suscitou numerosas queixas por parte dos veciños do rural, queixas que el considera "entendibles" porque "en ningún caso foron consultados nin informados sobre estas actuacións".
Martín recordou que o PP non está en contra da instalación de dispositivos redutores de velocidade, senón que "o que reclamamos é que os lombos se instalen naqueles lugares onde sexan necesario, non de xeito indiscriminado e sen consensualo cos veciños, que son os que mellor coñecen as necesidades reais de cada parroquia.
Na súa opinión, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, deberían ter escoitado primeiro aos veciños do rural pontevedrés para poder coñecer así cales son as súas principais demandas e necesidades. "Deste xeito poderían saber que o saneamento e a limpeza son as súas principais carencias", engadiu.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira: "a Pontevedra con esta nueva Deputación no le va bien"
Por Oskar Viéitez |
-
A plataforma Virxen dos Remedios de San Xulián de Marín oponse aos lombos
Por Redacción |
-
Moita retranca na "inauguración" veciñal da avenida do Generalísimo Mosquera en Verducido
Por Redacción |
-
O PP rodéase de colectivos e alcaldes para denunciar os "dous anos de desgoberno" da Deputación
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PP reúne veciños do rural para criticar as "imposicións" do goberno nas parroquias
Por Redacción |