O PP pide "claridade" á Deputación sobre os parques de bombeiros e que lle faciliten o informe sobre o servizo
Por Redacción
O PP provincial vai solicitar á Deputación de Pontevedra que, de maneira urxente, lle facilite o contido do informe que se lle trasladou á Xunta de Galicia sobre os parques comarcais de bombeiros, no que se inclúe a súa proposta concreta sobre a xestión deste servizo.
"Tempo tiveron de abondo para facer un informe completo e estudar todas as posibilidades, polo que pedimos claridade e que a Deputación de Pontevedra poña sobre a mesa a súa proposta", sinalou o voceiro do PP de Pontevedra, Ángel Moldes, a través dun comunicado.
Recomenda a os responsables provinciais que en lugar de andar buscando culpables asuma as competencias e responsabilidades que lle corresponden á institución provincial, porque "quen ten que dar solucións e respostas aos concellos de menor tamaño en materia de emerxencias é por lei a Deputación".
O voceiro 'popular' indicou que, ante a inquedanza que suporía o novo sistema de concesións, "faise necesario saber cal é a proposta concreta" por parte da Deputación e cales serían as consecuencias. En concreto, queren saber "en que situación quedarían os traballadores, como quedarían as coberturas destes parques, e que foi exactamente o que se propuxo nesa reunión, se a proposta da Deputación vai mellorar ese servizo e cales van a ser os custos".
Moldes lamentou que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fora a única responsable provincial que non participou na reunión celebrada coa Xunta de Galicia esta semana para falar da xestión dos parques de bombeiros, delegando no deputado Carlos López Font.
En relación con López Font, consideran "sorprendente" que durante a reunión todo lle pareceu marabilloso e tivo unha actitude dialogante e, ao dia seguinte, "seguramente despois de falar co seu xefe", apareceron os problemas.
Relacionadas:
-
Instan a Deputación a asumir a súa competencia en emerxencias: "Deixen de tomar o pelo aos veciños"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A Deputación rexeita as propostas da Xunta para Emerxencias e aposta por un mapa de isócronas
Por Redacción |
-
A Xunta propón un acordo para cambiar o modelo de xestión dos parques comarcais de bombeiros
Por Redacción |
-
O incendio de Tenorio volve poñer en cuestión o mapa de emerxencias na comarca de Pontevedra
Por Natalia Puga |