A Lama renderá homenaxe ao seu médico durante 34 anos pola súa xubilación
Por Redacción
Máis de 150 persoas confirmaron a súa participación na comida de homenaxe que o Concello da Lama organizou con motivo da xubilación de Luís Miguel Fuente Martín, médico do centro de saúde do municipio durante 34 anos ininterrompidos.
Luís Miguel Fuente Martín, burgalés de nacemento, instalouse na Lama tras aprobar as oposicións "buscando un lugar próximo al mar donde poder ejercer mi profesión". Tras máis de 34 décadas, os seus veciños queren agradecerlle a súa dedicación con esta comida, á que tamén asistirán o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e o alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez.
"Vi en el mapa que A Lama quedaba cerquita de la costa y una vez que me instalé con mi mujer, ya no quise cambiar", relatou en declaracións recollidas polo Concello da Lama. Ademais de ser médico, durante a súa estancia na Lama tamén foi activo na política local e formou parte da corporación municipal durante catro anos.
O 'Xantar' de homenaxe realizarase na Alameda da Lama debido a que ningún establecemento da localidade ofrece un aforamento tan grande con garantías. Será este sábado 29 de xullo ás 14.00 horas.
As persoas que queiran asistir á homenaxe poden facelo inscribíndose nas oficinas do Concello da Lama durante este xoves, fin do prazo.