O campus de Pontevedra avanza na especialización cun doutoramento en 'Creatividade e Innovación Social e Sustentable'
Por Natalia Puga
O campus de Pontevedra da Universidade de Vigo avanza no camiño cara á súa especialización. Un paso decisivo é a creación do novo programa de doutoramento en 'Creatividade e Innovación Social e Sustentable" que entrará en vigor o vindeiro curso académico 2017-2018 con 20 prazas e os prezos oficiais marcados pola Xunta de Galicia, 32 euros o crédito.
O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o vicerreitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho; e a coordinadora do programa, Ana Belén Fernández, presentárono oficialmente este martes na Casa das Campás como un proxecto académico que, por primeira vez, "fai converxer todas as capacidades e ensinanzas" do campus de Pontevedra.
Este novo programa é transversal e combina as capacidades de todos os profesionais do campus pontevedrés. Contará con máis de 140 docentes e investigadores tanto do campus da cidade do Lérez como doutras universidades de España e do estranxeiro, de modo que consolida o camiño cara á internacionalización.
Este novo paso de cara ao especializado Campus CREA S2i márcase como obxectivo reforzar a contribución da universidade a liñas prioritarias e retos sociais e globais establecidos nos ámbitos da saúde, medioambiente, comunicación, educación educación e cultura e gobernanza, desde un enfoque transversal.
O programa de doutoramento xirará ao redor de seis liñas de traballo: innovación e saúde; innovación, sustentabilidade e comunicación; deseño e innovación social; innovación e sustanbilidade dos recursos naturais; gobernanza e innovación; e innovación pedagóxica na profesionalización docente. O alumnado de doutoramente deberá deberá realizar proxectos de investigación que aborden un mínimo de dúas desas liñas.
Ademais, Salustiano Mato deu a coñecer este mércores que durante o vindeiro curso académico a universidade estudará a implantación dun novo grao que afonda nesta especialización, o Grao en Creatividade e Deseño.
Relacionadas:
-
A Universidade de Vigo abre a preinscrición para o innovador programa de doutoramento CREA
Por Redacción |
-
O 'Programa de doutoramento en creatividade e innovación social e sostible' consolida o campus CREA de Pontevedra
Por Redacción |
-
Do 17 ao 21 de abril, o campus acollerá a Semana da Creatividade e da Innovación
Por Oskar Viéitez |
-
O campus de Pontevedra terá un clúster e un novo programa de doutoramento
Por Redacción |
-
Creatividade e innovación, nova filosofía vital do campus de Pontevedra
Por Redacción |