Os traballadores do servizo de limpeza de Poio visibilizarán o seu conflito laboral no pleno
Por Redacción
Os traballadores do servizo de limpeza e recollida de lixo no Concello de Poio asistirán ao Pleno da Corporación convocado para as 19.30 horas do mércores 26 de xullo para visibilizar o conflito laboral que manteñen coa empresa adxudicataria, Valoriza, e que días atrás xa os levou a ameazar cunha convocatoria de folga.
Segundo anunciou o sindicato FeSP-UGT Pontevedra, os traballadoers queren trasladar aos representantes políticos de Poio a situación na que se encontran e as "dificultades que está a plantexar" a empresa adxudicataria do servizo.
A dirección e o comité de empresa de Valoriza Ambiental romperon as negociacións que mantiñan para mellorar salarial e socialmente as condicións do persoal. Con esta presenza no pleno, queren dar a coñecer a postura dos empregados, que buscan chegar a un acordo no proceso de negociación do convenio colectivo "que dignifique aos traballadores deste servizo".
Desde UGT lembran que este servicio é "imprescindible" para o Concello e reiteran que a pretensión dos traballadores é que se equipare a súa situación coa dos demais servizos de limpeza dos concellos limítrofes e que levan máis de dous anos de conxelación salarial.
Tan só se mantivo unha reunión oficial e os responsables da empresa negáronse a ofertar calquera tipo de mellora alegando que sufrían perdas. Ante esta situación, os representantes sindicais decidiron convocar unha folga indefinida a partir do 15 de agosto, despois das festas da Peregrina de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Valoriza dará unha resposta aos traballadores de Poio na véspera da folga do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Última oportunidade para a desconvocatoria da folga de lixo en Poio
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Polémico pleno en Poio coa ausencia do PP e a protesta dos traballadores de Valoriza
Por Anxo Lourido |
-
Ameazan con iniciar unha folga de recollida de lixo en Poio ante o rexeitamento dunha suba salarial
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Desbloquéase a negociación do convenio colectivo dos traballadores da recollida de lixo de Poio
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Valoriza convoca aos traballadores do servizo do lixo en Poio para negociar o convenio
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores do lixo en Poio anuncian concentracións e ameazan con folga
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
UGT pide que se incremente o número de operarios na recollida de lixo en Poio durante o verán
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |