Detéñeno por un incendio e un roubo, queda en liberdade e vólveno arrestar por tráfico de drogas
Por Redacción
A Policía Nacional de Vilagarcía detivo en dous días dúas veces a un mesmo veciño da localidade con múltiples antecedentes policiais por tres delitos diferentes. Arrestáronlle como presunto responsable dun incendio provocado na vivenda que ocupaban uns indixentes e do roubo das pertenzas dos mesmos e, cando o deixaron libre, volveron sorprendelo con outra ilegalidade, tráfico de drogas.
Segundo informou a Comisaría Provincial da Policía Nacional, a primeira detención produciuse o venres 21 de xullo polos delitos de incendio e roubo con violencia, pois a subtracción das pertenzas dos indixentes produciuse usando violencia.
Ao día seguinte, o sábado 22, foi posto en liberdade liberdade. Pouco despois, nesa mesma xornada, unha patrulla que estaba a realizar labores de prevención da seguridade cidadá localizouno distribuíndo sustancias estupefacientes.
Os axentes déronlle o alto e requisáronlle sete bolsas termo seladas nas que levaba cocaína, outras 11 con heroína, un anaco de haxix, 36 pastillas de trankimazín e dúas pastillas de metadona.