Requisan 441 nasas sen identificar con 140 quilos de polbo e 25 de nécora na ría de Pontevedra
Por Redacción
Unha nova operación contra o furtivismo permitiu ao servizo de Gardacostas de Galicia requisar esta fin de semana máis de 800 nasas nas rías galegas, nas que había 260 quilos de marisco, a maioría polbo.
Unha das principais actuacións desenvolveuse na ría de Pontevedra, concretamente nun control que se realizou nas zonas de Punta Cabicastro, Punta Faxilda, Punta Lanzada e Illote Colmado.
Os axentes, ao longo do domingo, incautaron 441 nasas por estar sen identificar e atoparse caladas en zona prohibida e comisaron 140 quilos de polbo e 25 quilos de nécora que estaban no seu interior.
Este operativo súmase aos que se levaron a cabo na ría de Corcubión e nas zonas de Carnota e Cíes. Nesta última, realizada na praia da Cantareira, os gardacostas requisaron 50 nasas e preto de 12 quilos de marisco, a maioría polbo.
Relacionadas:
-
Incautan unha vintena de centolos en Bueu capturados por furtivos
Por Redacción |
-
Comisan aos furtivos 98 quilos de peixe e marisco na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os gardacostas intensifican a loita contra os furtivos días antes da Semana Santa
Por Oskar Viéitez |
-
Incautan 54 nasas no Cabalo por carecer de balizamento
Por Redacción |