Os vehículos clásicos percorren Ponte Caldelas
Por Redacción
Máis de medio centenar de vehículos participaron na segunda Concentración de coches clásicos de Ponte Caldelas durante este domingo. Os máis espectaculares eran os modelos estilizados dos anos 60 e dos 70.
A esta cita automobilística tamén acudía un autobús histórico de liña, da empresa Cuíña, e un camión Bedford, matriculado nos anos 50 e propiedade da empresa Norte Sur.
A caravana percorreu diferentes puntos do municipio. Partiron da Alameda para pasar pola Roca, A Insua, Chaín, Barbudo e Coveliño. Os participantes celebraron unha comida na carpa instalada na Alameda municipal mentres o público achegábase a contemplar os vehículos.
A actividade está organizada polos Amigos dos Vehículos Antigos (AVA), creada no ano 1984. O representante deste colectivo entregou un obsequio ao alcalde Andrés Díaz, que acudiu á exhibición.