Evacúan en helicóptero un veciño de Cuntis ao sufrir queimaduras nunha deflagración de gas
Por Redacción
Un helicóptero do Servizo de Emerxencias do 112 trasladaba na tarde deste domingo a un home de ao redor de 50 anos, que reside en Cuntis, tras sufrir queimaduras con motivo da deflagración de gas na súa casa que se orixinou cando manipulaba un forno.
O home presentaba queimaduras de terceiro grao, sobre todo na zona do costado e foi ingresado na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Investíganse as causas polas que se provocou o fogonazo no forno. Non chegou a producirse unha explosión de gas polo que non se rexistraron danos na vivenda.
Tras a deflagración, o ferido chamaba á súa irmá que lle acompañaba ata o centro de Atención Primaria de Caldas de Reis e alí, ante a gravidade das queimaduras, decidiron o traslado ao hospital coruñés. Na evacuación participaron tanto Protección Civil de Caldas como a Policía Local de Caldas e a Unidade de Emerxencias de Galicia que aterrizou o helicóptero no campo de fútbol de Corticeiras.