Mira o divertido vídeo 'O mar de Sabela' do CEIP de Rubiáns, vencedor nos Premios Proxecta da Xunta
Por Redacción
O Plan Proxecta da Consellería de Educación chegou a 428 centros durante o curso 2016/17 e a preto de 91.000 estudantes co obxectivo de fomentar a innovación educativa, establecendo ademais uns criterios metodologócios e organizativos comúns para a creación de proxectos innovadores que desenvolven compentencias clave e educación en valores.
Con este plan búscase crear dinámicas que favorezan a innovación nos centros educativos a través de 41 programas que buscan potenciar a motivación e o traballo activo dos estudantes e do profesorado.
Dentro deste programa, o CEIP Rubiáns de Vilagarcía de Arousa logrou vencer na categoría A, dirixida ás EEI, aos CRA, aos CEE, aos CEIP e aos CEP; polo proxecto documental 'O mar de Sabela', que aglutina os traballos desenvolvidos nos programas Aliméntate ben, Naturézate e Nós tamén creamos!.
Nesta mesma categoría obtiveron un accésit pola calidade dos seus traballos o CEIP de Espedregada de Raxó (Poio) e o CEIP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa.