Aberto o prazo para solicitar espazos gratuítos no coworking do polígono de Barro-Meis
Por Redacción
As iniciativas empresariais interesadas en participar no espazo de coworking do polígono de Barro-Meis, dependente da Deputación Provincial, teñen a oportunidade de solicitar espazos no viveiro de empresas. Seleccionaranse entre 16 e 22 proxectos emprendedores da provincia para que dispoñan dun espazo de traballo gratuíto durante cinco meses.
Esta proposta empresarial refórzase cun programa de asesoramento personalizado impartido por persoal experto, formación para potenciar as competencias en emprendemento e en xestión de proxectos e acceso aos laboratorios de fabricación dixital.
A iniciativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e representa un investimento global de 800.000 euros.
O obxectivo do coworking é fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos. O viveiro de Barro-Meis dispón dun espazo para esta iniciativa de 125 metros cadrados, que conta con postos de traballo, unha zona para descanso e networking, ademais dunha sala de reunións.
A iniciativas empresariais interesadas en participar poderán solicitar a súa praza nesta web: https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/pontevedra