Ferido un cociñeiro dun restaurante de Aguete
Por Redacción
Un cociñeiro de 41 anos resultou ferido este venres tras sufrir unha caída en altura nun restaurante de Marín.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o local no que se produciron os feitos sitúase en Aguete, na parroquia de Seixo.
O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 14.10 horas deste venres a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias e alertou a Protección Civil, a Policía Local e a Policía Nacional de Marín.
O home ferido recibiu asistencia médica xa no propio lugar do accidente.