Unha vendedora de peixe, ferida tras ser atropelada por un taxi en Adina
Por Redacción
Unha muller resultou ferida este venres ao ser atropelada por un taxi en Sanxenxo. Os feitos ocorreron sobre as 11.00 horas na parroquia de Adina.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, a muller traballa vendendo pescado nunha furgoneta por distintas zonas de Sanxenxo e este venres, cando estaba a realizar o seu labor habitual, foi arroiada por un taxista.
O condutor do taxi explicou máis tarde, segundo recolle o Concello, que non vira á muller. En canto á ferida, sufriu lesións nunha perna e foi trasladada en ambulancia ao hospital.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, a alerta do accidente deulla persoal sanitario e ao lugar desprazáronse traballadores do 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Ribadumia, efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), Protección Civil de Sanxenxo e a Garda Civil de Tráfico.