Tino Dominguez gozou como neno do centro pontevedrés dos 50 e 60. Nesta Playlist de PontevedraViva Radio rememora diversos daqueles momentos. Lembra perfectamente o tema que aos seus 16 anos, fixéronlle cantar Toño, Pachy, Miguel e Santi para ser o vocalista da súa "banda" á que chamaron Black Stones. Tiña que ser un nome inglés, se non daquela, non eras ninguén. E daquela, tiveron ocasión de ser teloneiros dun tal...Camilo Sesto.
Tino marchou a Madrid a estudar Telecomunicacións; e o resto tamén se repartiu para continuar a súa formación. Con todo, a vida levaríao cara ao xornalismo e aí segue a un ano da xubilación. Foi empresario de hostalería, o mítico "Albatros" no que coñeceu á súa muller, Teresa, coa que esta mesma semana acaba de cumprir 37 anos de matrimonio.
A reapertura daquel local supuxo o regreso dos Black Stones. Di o refraneiro popular que segundas partes nunca foron boas; pero son refráns e non unha ciencia exacta, así que o quinteto - desta vez sexteto aínda que temporalmente -, rompeu a máxima e a pé de 2017 seguen subidos aos escenarios ofrecendo o seu "tributo á música" como di Tino. Debeu herdar xenes familiares para isto da música, agora mesmo anda metido nas lidees operísticas.
Este verán "baixaron o ritmo" de actuacións, pero o seu público poderá ver e escoitar a Toño Carbajo, Santi López, Armando Guerra, Jaime Carbajo, Fredy Nistal e Tino Domínguez o 2 de agosto no barrio de San Roque.