Poio rexistrou na primeira quincena de xullo unha ocupación turística sete puntos superior a 2016
Por Redacción
A primeira quincena do mes de xullo foi positiva para o turismo no Concello de Poio. Segundo os datos facilitados pola Concellaría de Turismo, os establecementos hoteleiros acadaron unha ocupación media do 77%, cifra sete puntos superior á acadada na mesma quincena de 2016.
Turismo mantén que o bo tempo e a festividade do Carme axudaron a acadar unhas cifras de ocupación moi positivas, xa que diversos aloxamentos do municipio chegaron a rexistrar ata un 90% de ocupación durante a fin de semana do 15 e 16 de xullo.
Desde o Concello tamén destacan que nesta primeira quincena do mes un total de 2.425 visitantes achegáronse ata as oficinas de turismo municipais. Un 91,95% foron turistas nacionais e un 8,05% de procedencia estranxeira.
En canto a procedencia dos visitantes nacionais destacaron os procedentes de Madrid (21,28%), Andalucía (15,39%), Castela e León (10,66%), e País Vasco (8,82%). Os foráneos proceden do Reino Unido, Arxentina, Francia e Alemania.
Os principais motivos para elixir Poio como testigo foron a singularidade de Combarro, a natureza, a cultura e a gastronomía.