Unha muller acaba no hospital ao ser arrastrada cando lle roubaban o coche
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha muller resultou ferida este domingo e tivo que ser atendida no Hospital Montecelo tras sufrir un suceso pouco habitual en Pontevedra: quedou enganchada ao seu coche cando llo roubaban e acabou arrastrándose varios metros ata que finalmente soltouse e o ladrón logrou o seu obxectivo.
Todo ocorreu sobre as 14.00 horas deste domingo na rúa Uxío Novoneyra e unha hora despois, sobre as 15.00 horas, o coche foi recuperado por unha patrulla da Garda Civil nos antigos terreos de Tafisa. Unha persoa moi próxima á vítima denunciou os feitos na Comisaría Provincial mentres ela recibía asistencia en Montecelo e os feitos están a ser investigados polas brigadas de Policía Xudicial e Científica da Policía Nacional de Pontevedra.
Fontes oficiais da Comisaría indicaron que os feitos resultan bastante confusos e os investigadores aínda non conseguiron aclarar o ocorrido, pero si hai datos que teñen claros. O primeiro é que a vítima sufriu feridas de importancia, moita delas polo impacto do asfalto no seu corpo. Ademais, tamén está verificado que o ladron levou o coche e o bolso que tiña dentro.
Segundo puido saber PontevedraViva despois da publicación inicial da información, a vítima estaba parada nun semáforo cando un individuo entrou no coche e empuxouna, pero ela levaba posto o cinto de seguridade e quedou enganchada. O asaltante emprendeu a marcha mentres seguía sen lograr soltarse, de modo que a arrastrou varios metros, ata que, xa libre, quedou tirada no chan. Presentaba importantes feridas por lesións, queimaduras e arañazos, entre outras.
A Policía segue investigando os feitos e tentando aclarar os testemuños recollidos no lugar dos feitos ao contrastalos cos da vítima, pois hai varias versións contraditorias. Unha persoa próxima á muller relatou que ela estaba co coche parado esperando cando un home asaltouna e botou do coche, pero ela opuxo resistencia todo o posible.
Unhas testemuñas indican que presenciaron unha discusión entre a muller logo ferida e un individuo dentro do vehículo porque supostamente el entrou, empuxouna a ela cara ao exterior e arrancou o coche arrastrándoa. Outra versión é a de quen viu a un home empuxando á muller e que ela evitaba soltarse e por iso arrastrouse. Un terceiro relato dos feitos é o de persoas ás que lle pareceu ver que o home entraba e ela ía tras el e enganchábase ao coche cando xa estaba en marcha. Mesmo hai quen fala dun atropelo, de modo que a Policía Nacional deberá investigar e determinar exactamente que pasou.