Os socorristas de Marín atenderon varios golpes de calor durante este domingo
Por Redacción
Os socorristas que se atopan nas praias de Marín tiveron que facer fronte durante as últimas horas a varios golpes de calor sufridos por bañistas que se acercaon aos areais do municipio. Desde o goberno local recomendan que as persoas que tomen o sol se hidraten, sobre todo durante as horas nas que as temperaturas se atopan máis elevadas.
Tamén tiveron que intervir en casos de picaduras de fanecas e de avespas. No primeiro caso, a recomendación é que se utilicen fanequeiras ou que se arrastren os pés cando se accede á beira para evitar a inoportuna picadura.
O servizo de socorristas das praias de Marín atópanse este verán dotadas de tres desfibriladores, ademais de botiquíns de primeiros auxilios e equipos de osíxenoterapia.