Ameazan con iniciar unha folga de recollida de lixo en Poio ante o rexeitamento dunha suba salarial
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A dirección e o comité de empresa de Valoriza Ambiental, a entidade adxudicataria do servizo de recollida de lixo no Concello de Poio, romperon as negociacións que mantiñan para mellorar salarial e socialmente as condicións do persoal.
Segundo Carlos Corredoira, representante de UXT, tan só se mantivo unha reunión oficial e os responsables da empresa negáronse a ofertar calquera tipo de mellora alegando que sufrían perdas. Ante esta situación, os representantes sindicais decidiron convocar unha folga indefinida a partir do 15 de agosto, despois das festas da Peregrina de Pontevedra.
Con esta medida de presión pretenden que a empresa sente, de novo, a negociar e acepte a demanda do persoal dunha paga extraordinaria en marzo, tal e como sucede con outras empresas que realizan esta mesma actividade noutros concellos.
Os representantes do comité indicaron que xa informaran ao Concello de Poio sobre esta medida sen que se producira reacción algunha. Responsabilizan o equipo de goberno de sacar unhas bases á baixa para a adxudicación do servizo de limpeza e a consecuencia é que, segundo apuntaba o secretario comarcal de UXT Ramón Vidal, as empresas tentan recortar economicamente nos salarios dos traballadores.
Os representantes sindicais sinalan que os 15 empregados levan dous anos co soldo conxelado.
Relacionadas:
-
Poio si terá recollida de lixo en agosto: un acordo de última hora desconvoca a folga dos traballadores
Por Redacción |
-
Última oportunidade para a desconvocatoria da folga de lixo en Poio
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Concello manterá unha xuntanza con Cespa-Ferrovial tras coñecer as queixas do persoal
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Polémico pleno en Poio coa ausencia do PP e a protesta dos traballadores de Valoriza
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores do servizo de limpeza de Poio visibilizarán o seu conflito laboral no pleno
Por Redacción |
-
Cada veciño de Poio xera unha media diaria de 1,32 quilos de residuos
Por Redacción |