Unha avaría deixa sen luz a contorna das Galerías da Oliva e de Rosalía de Castro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Un problema no cableado soterrado do transformador da liña de alta tensión eléctrica provocaba que a mazá da contorna das Galerías da Oliva quedase sen luz durante tres cuartos de hora na mañá deste luns 17 de xullo.
O incidente rexistrábase ao redor das 11.30 horas afectando, sobre todo, aos establecementos e vivendas dun lado das rúas da Oliva, Peregrina, Michelena, Gutiérrez Mellado e Riestra.
Os técnicos da empresa eléctrica acudiron ata o transformador da rúa Gutiérrez Mellado para reparar a subministración. Segundo indicaron, tras as primeiras indagacións, tratábase dunha avaría provocada por danos no cableado.
Segundo Gas natural.Fenosa, a incidencia afectaba a 2.346 clientes, espallándose tamén a outras rúas como Rosalía de Castro, Palamios, Ramón Peña y Ponte Nova.
Distintos establecementos comerciais tiveron que paralizar a actividade durante o tempo que durou o apagamento. Desta forma, cafeterías ou barberías non puideron atender aos seus clientes ata que se reparou a avaría.