VÍDEO.- Felipe VI preside a entrega de Reais Despachos na Escola Naval de Marín
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Por segunda vez en pouco máis dun mes, o rei Felipe VI presidiu un acto na Escola Naval Miltar de Marín. Primeiro foron os actos centrais do 300 aniversario da Real Compañía de Guardiamarinas e agora a entrega de Reais Despachos aos novos oficiais da Armada coincidindo co Día do Carme.
"Nos sentimos nuevamente hobrados y agradecidos", recoñeceu o comandante director da Escola Naval, o capitán de navío José María Núñez Torrente, na súa intervención no que supón "una muestra de vuestro compromiso y afecto a la Escuela Naval Militar", sinalou en referencia ao rei.
Baixo un sol de xustiza o monarca, recibido con salvas de honra e a interpretación do himno nacional, pasou revista ao batallón de alumnos e saudou ás autoridades civiles e militares presentes, entre as que se atopaban o almirante xeneral xefe do Estado Maior da Armada, Teodoro Esteban López, a ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, ou a alcaldesa de Marín, María Ramallo.
Antes de iniciar formalmente o acto solemne de entrega de 196 despachos e a xura de bandeira de 67 alumnos de primeiro curso realizouse unha homenaxe aos que deron a súa vida por España, baixo as marchas de "A morte non é o final" e "Ofrenda aos caídos".
Superada a parte central da cerimonia, a ministra de Defensa impuxo a Cruz do Mérito Naval ao director do Centro Universitario da Defensa, José María Pousada Carballo.
O acto concluíu co himno da Armada e o tradicional desfile do batallón de alumnos.
O rei Felipe VI aproveitou ademais a súa presenza en Marín para visitar o buque Juan Sebastián Elcano, atracado no peirao da Escola Naval, no 90 aniversario da súa botadura. Tamén estaba presente na ría a Fragata Álvaro de Bazán F-100 da Armada acompañando a xornada.
Relacionadas:
-
Marín recibe a distinción de Defensa pola súa "longa e fructífera" relación coa Armada
Por Redacción |
-
Xura de bandeira a cuberto para 64 alumnos da Escola Naval
Por Redacción |
-
Un selo para homenaxear os gardamariñas
Por Redacción |
-
O Elcano sempre é benvido en Marín
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Felipe VI e Don Juan Carlos celebran a parada naval na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |