Sen socorristas na praia fluvial da Calzada "por falta de previsión", denuncia o PP
Por Redacción
A praia fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas, atópase sen o servizo de socorristas activo durante os días 15 e 16 de xullo, "por falta de previsión", denuncia o grupo municipal do Partido Popular.
A zona de baño, que conta co distintivo de bandeira azul pola súa calidade, conta actualmente cun socorrista contratado polo Concello en lugar dos tres recomendables para prestar un servizo continuo durante todo o verán.
Isto débese, asegura o PP, a que "o Concello non fixo unha boa previsión á hora de contratar os socorristas", explicou Ricardo Castro ao non ofertar as prazas ata o pasado 14 de xuño.
"Ademais se hai que suprimir o servizo para dar descanso ao único socorrista deberíase facer un día entre semana para que a fin de semana, que é cando hai unha afluencia maior de visitante, se puidese contar co servizo", argumenta o edil popular.
Segundo esta denuncia a situación poñería en perigo o mantemento da bandeira azul na praia fluvial da Calzada.
Relacionadas:
-
O PP de Ponte Caldelas cre que o goberno de Díaz debe dimitir pola perda da bandeira azul
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas renuncia á bandeira azul da Calzada pola falta de socorristas
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas defende que a falta de socorristas é "un problema temporal" alleo á súa xestión
Por Redacción |
-
Os bañistas da praia da Calzada fórmanse en prevención de afogamentos
Por Redacción |
-
A praia fluvial da Calzada, a punto para os primeiros bañistas
Por Redacción |