Tratamento de beleza para as palmeiras da cidade
Por Redacción
O servizo municipal de Parques e Xardíns está a levar a cabo estes días unha actuación para mellorar o estado das palmeiras situadas en varias rúas da cidade.
En concreto, están a realizarse traballos de limpeza, mantemento, saneamento e poda para retirar as palmas deterioradas e mellorar a imaxe e o estado destas árbores.
Tamén inclúese a adecuación dos alcorques que serven á súa vez de bancos para os peóns e nos que en moitos casos proliferaban as herbas.
Os traballos están valorados en 14.000 euros e consisten na retirada da cortiza do alcorque e da capa xeotextil da base da palmeira para colocar unha nova e encher de novo a zona con cortiza limpa.
O persoal de parques actuou nas rúas Sagasta, Avenida de Vigo e Gutiérrez Mellado.