Catro feridos, dous deles menores de idade, nunha colisión múltiple en Vilagarcía
Por Redacción
Un accidente de circulación no que se viron implicados tres vehículos saldouse este sábado co balance de catro persoas feridas, dúas delas menores de idade.
Segundo informa o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, a colisión múltiple produciuse na Avenida Rosalía de Castro, á altura da praia de Compostela.
Un particular alertou da situación ao redor das 12:30 horas, dándose aviso de inmediato á Policía Local.
Os feridos foron trasladados a un centro hospitalario.