Dous feridos nunha colisión múltiple en Tenorio
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas este venres nunha colisión múltiple con tres vehículos implicados en Cerdedo-Cotobade.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente consistiu na colisión entre dous coches e unha moto na estrada N-541, concretamente a dous quilómetros de Tenorio, en sentido a Ourense.
Un particular alertaba do accidente ao 112 Galicia ás 17.30 horas. Desde a central de coordinación de emerxencias púxose a situación en coñecemento de 061-Urxencias Sanitarias e da Garda Civil de Tráfico.