Unha persoa ferida nun choque entre tres coches en Lérez
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na mañá deste venres nun accidente de tráfico na estrada N-550 ao seu paso por Pontevedra. O sinistro consistiu na colisión entre tres vehículos e provocou dificultades circulatorias pola zona.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse na avenida da Coruña, na saída de Pontevedra cara a Santiago en Lérez, a uns dous quilómetros do centro de Pontevedra.
Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia ás 12.25 horas deste venres e o o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Pontevedra. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
Segundo a información facilitada ao 112, os vehículos accidentados estaban a obstaculizar a circulación na zona.