Pasan a disposición xudicial os detidos no operativo contra a droga en Arousa
Por Oskar Viéitez
Os detidos na operación contra o tráfico de drogas desenvolvida na comarca de Arousa foron postos este venres a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Vilagarcía de Arousa.
Segundo informaron fontes oficiais detivéronse cinco persoas e practicáronse outros tantos rexistros vivendas de Vilaxoán e A Lomba (Vilagarcía), O Cabo e San Miguel de Deiro (Vilanova) e no barrio de San Pedro (Marín).
Neste operativo interviñéronse tres quilos de cocaína, diñeiro, teléfonos móbiles e unha pistola de fogueo.
Na operación interveñen os axentes da Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional e do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidrogas da Garda Civil (EDOA).