O sábado tocará Girl Surf Day na Lanzada
Por Redacción
Sanxenxo será esta fin de semana capital do surf feminino coa celebración do 'Girls Surf Day' a partir das 10.00 horas do sábado na praia de O Espiñeiro-A Lanzada, que terá como obxectivo reivindicar o papel da muller no deporte.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, a programación comezará cunha clase de surf para principiantes destinada a mozas que queiran probar por primeira vez este deporte ou mellorar a técnica. Incluirá clases teóricas e prácticas e contará con monitores titulados e profesionais con anos de experiencia.
A xornada continuará cunha exhibición de mozas profesionais do surf, que incluirá, xa pola tarde, unha entrega de premios en diferentes categorías: mellor onda, manobra máis innovadora, mellor rentry, mellor carving, mellor floter, maior fluidez, mellor wipe out, e mellor imaxe.
A partir das 19.30 horas haberá unha clase de ioga na praia e o día terminará cunha grellada nocturna amenizada por un grupo que ofrecerá distintos estilos musicais, desde folk indie a rock.
As inscricións poderán facerse a través do teléfono 986.84.55.24.