Comezan a reparar o paseo de madeira da praia dos Barcos
Por Redacción
Portos de Galicia comezou cos traballos de reparación das táboas que se atopan en mal estado no paseo de madeira na zona da praia dos Barcos.
Esta actuación consiste, inicialmente, en marcar e seleccionar todas aquelas táboas que se atopan deterioradas para, despois de medilas e axustar o tamaño das novas, poidan ser substituídas.
Espérase que os traballos se estendan ao longo da xornada de hoxe e conclúan este mércores.
Con esta reparación, o Concello de Sanxenxo espera que quede liquidado o problema de perigo derivado da deterioración das madeiras polo paso do tempo.