O equipo comarcal de inclusión sociolaboral insertou 83 persoas no mercado laboral durante o ano pasado
Por Redacción
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou este luns as instalacións do equipo comarcal de inclusión sociolaboral do ente da Consellería de Política Social na localidade pontevedresa de Marín.
Trtátase dun recurso que logrou insertar ao longo de 2016 83 persoas no mercado laboral, incluíndo os postos de traballo protexidos, nomeadamente nos sectores da hostalería, o comercio, os servizos ás persoas e a industria.
O equipo comarcal de inclusión sociolaboral que xestiona o Consorcio en Marín, e que estende a súa área de influencia aos concellos de Cangas, Moaña, Bueu, Vilaboa, Poio, Barro, Campolameiro, Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas, rexistra na actualidade 433 participantes e proporcionou formación ocupacional a 34 mulleres e 16 homes durante o ano pasado.