Os callos, protagonistas dun domingo festivo en Meis
Por Redacción & Diego Torrado
Non quedou nada. Os asistentes á Festa dos Callos de Meis deron boa conta de todas as racións que se prepararon deste saboroso prato.
Os callos volveron ser o protagonista das festas de San Bieito e San Cristovo, que culminaron con esta cita gastronómica, que serviu un dos pratos máis típicos de Galicia.
A gran carpa onde se situaron as mesas, situada no campo da festa de Mosteiro, estivo moi concorrida dun público no que tamén había moitos grupos organizados que reservaron grandes mesas para a ocasión.
Os cociñeiros traballaron arreo e dispuxeron para dar de comer a todos os asistentes de 600 quilos de garavanzos, 300 de tenreira galega e 250 quilos de porco, ademais de panceta e chourizo, entre outros ingredientes.