Un pregón cun marcado acento naval inaugura oficialmente as Festas do Carme
Por Redacción & Diego Torrado
Marín xa está en festas. Un pregón que correu a cargo do comandante director da Escola Naval, José María Núñez Torrente, serviu para dar comezo aos festexos patronais do municipio, as Festas do Carme.
Ante centos de persoas, que acudiron á Alameda de Marín para asistir á lectura do pregón, Núñez Torrente destacou a histórica relación que une a Escola Naval con Marín, tanto que sinalou que "no se entendería Marín sin la Escuela, ni la Escuela sin Marín".
O comandante director do centro tamén destacou a súa vinculación persoal con Marín, un lugar que, segundo sinalou, "ha sido y es mi casa" e onde "pasé muchos de los mejores años de mi vida", polo que asegurou que sente "marinense de adopción".
Xunto coa lectura do pregón, o arranque das Festas do Carme contou tamén, entre outras actividades, co Festival de Bandas organizado pola Asociación Airiños de San Xulián ou o Marina Fest, un espectáculo musical que encheu de ambiente o Parque Eguren, cunha mestura de música electrónica, pop e sons latinos.
Para este domingo, ademais do trofeo Virxe do Carme de ciclismo, as grandes citas serán pola noite cos concertos do dúo Quodlibet na Alameda e da mítica banda Hombrees G, que actuará a partir das once da noite no Parque Eguren.
Relacionadas:
-
O ex director da Escola Naval toma o mando da operación europea fronte á piratería no Índico
Por Oskar Viéitez |
-
Multitudinaria Batalla de Flores para dar a benvida á fin de semana do Carme
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Hombres G repasa en Marín os seus grandes éxitos ante un público entregado
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Revisan a seguridade das atraccións de feira das Festas do Carme
Por Redacción |
-
A Escola Naval, protagonista do pregón das Festas do Carme de Marín
Por Redacción |
-
As festas do Carmen traerán a Marín aos Hombres G e a París de Noia
Por Oskar Viéitez |