Adina estrea unha renovada Casa de Cultura
Por Redacción
As obras de ampliación da Casa de Cultura de Adina (Sanxenxo), un proxecto incluído no Plan Concellos da Deputación, xa están finalizadas.
A actuación permitiu dotar a este equipamento dun espazo reservado para cafetería-bar independente, dado que a situación na que se atopaba a sala producía problemas de convivencia entre a zona destinada a actividades e a zona de lecer.
Este novo espazo é unha sala anexa de 78 metros cadrados, con dous puntos de acceso, un desde o exterior e outro desde a sala de actividades da propia casa.
O orzamento de realización da obra ascendeu a 71.668,30 euros.
Unha vez terminadas estas obras, o goberno sacará a concurso a concesión do novo espazo cafetería-bar. Está a traballarse para que poida licitarse despois de verán e poida estar operativo ao comezo do curso escolar.
"Con esta actuación poñemos fin á incompatibilidade e incomodidade que se producía ao convivir nun mesmo espazo tan reducido actividades tan diferentes", explicou o concelleiro de Infraestruturas, Daniel Fernández.
Relacionadas:
-
Máis de 33.000 euros do Plan Concellos mellorarán o saneamento en Noalla
Por Redacción |
-
Sanxenxo adxudica por 72.000 euros a ampliación da Casa de Cultura de Adina
Por Redacción |
-
A Deputación investiu en Sanxenxo máis de 3,5 millóns de euros o pasado ano
Por Redacción |
-
Adina traslada as súas reivindicacións ao goberno municipal
Por Redacción |