Lores alcalde… e agora tamén avó
Por Alejandro Espiño
Máis aló das súas responsabilidades como alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores ten a partir de agora unha nova dedicación: a de ser avó. O alcalde logrou cumprir un dos seus soños, que expresara publicamente en numerosas ocasións.
A súa filla deu a luz á pequena Xulia, que naceu na madrugada do pasado venres.
O orgulloso avó compartiu a súa foto nas redes sociais, cunha mensaxe na que sinala que tanto el como toda a familia están "moi felices" coa chegada da pequena.