A antiga Bolera reabre a súas portas como tenda efémera da Sétima Feira
Por Alejandro Espiño
Un dos locais máis emblemáticos do centro histórico volve a abrir as súas portas, aínda que o fará tan só de xeito temporal. As instalacións da antiga Bolera, na rúa Laranxo, acollerán durante os próximos dous meses a tenda efémera da Sétima Feira.
Pechada por vacacións ata despois do verán, a Sétima Feira abrirá por segundo ano consecutivo a súa tenda. Será entre o 15 de xullo e o 15 de setembro.
Nesta ocasión, a concellaría de Promoción da Cidade escolleu un baixo máis amplo que o anterior, pero mantén o mesmo espírito desta iniciativa.
O propósito da tenda é favorecer o encontro de deseñadores de Galicia, mantendo unha vía de comercialización das súas creacións, polo que o novo espazo permitirá acoller a un maior número de creadores que na pasada edición.
As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes ata o martes 11 de xullo, cubrindo a convocatoria dispoñible na web municipal.
Relacionadas:
-
Stranger Things inspira unha Sétima Feira "excepcional" para xaneiro
Por Redacción |
-
A Tenda da Sétima Feira, tamén en vídeo e en vivo
Por Mónica Patxot |
-
A Sétima Feira tamén abre no verán
Por Redacción |
-
Os ARI do centro histórico e de Estribela amplían prazos
Por Redacción |
-
Balance "moi positivo" do segundo ano de Sétima Feira
Por Redacción |
-
A arte pop, protagonista nunha Sétima Feira que se despide ata o outono
Por Redacción |
-
Sétima Feira converte o mercado nun fervedoiro creativo
Por Redacción |