O metal de Pontevedra pecha un acordo
Por Oskar Viéitez
Xa hai acordo convenio do metal da provincia de Pontevedra. Pechouse na noite deste xoves 6 de xullo.
O acordo foi asinado por UXT e CCOO. A CIG non o apoiou o ao considerar "inaceptable" este acordo que "afonda na precarización e non cumple as expectativas" e máis tendo en conta que o sector iniciaba as mobilizacións, afirman dende a central nacionalista.
Dende a central aseguran "non entender as présas" para pactar coa patronal e acusan a estes dous sindicatos de facelo "con nocturnidade e aleivosía".
Segundo informaron fontes sindicais, o novo convenio ten unha vixencia de 3 anos e contempla un incremento do 2% para 2017, 1,25% para 2018 e 1,25% para o 2019.
Ademais, inclúe unha cláusula de revisión salarial e melloras en licenzas e a regulación de multiservizos e desprazamentos.