Sanxenxo agarda ter novo convenio laboral, como moi tarde, a principios do outono
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo espera chegar "a finais de verán ou principios de outono" a un acordo cos seus empregados públicos para poder aprobar un novo convenio colectivo.
Así o destacou o Concello tras a constitución da mesa de negociación, que estivo presidida polo tenente de alcalde, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Persoal, Marcos Guisasola. A ela acudiron representantes de todos os sindicatos con presenza na xunta de persoal, CC.OO, CIG, UXT, CSIF e RPLS.
As reunións desta mesa serán semanais, alternando unha semana de mañá e outra de tarde, quedando fixada a seguinte reunión para o próximo día 10 de xullo ás 10.00 horas. En agosto faranse dúas reunións. Aínda así, poderán marcarse, a maiores, todas aquelas que se consideren necesarias para a negociación do devandito acordo.
A intención deste goberno é chegar a un acordo satisfactorio para todos os traballadores do Concello, tanto para funcionarios como para o persoal laboral.
Doutra banda, o goberno tivo constancia esta mañá da decisión de CCOO de desistir da demanda interposta contra o Concello o pasado mes de abril.
Esta demostración de boa vontade vai contribuír, segundo o Concello, á consecución dun mellor acordo.
Relacionadas:
-
Os sindicatos e o goberno local acordan o convenio colectivo para os dous próximos anos
Por Redacción |
-
Vanessa Rodríguez acusa a Telmo Martín de "beneficiar a Comisións Obreiras" polo seu labor de "desgaste e oposición" ao tripartito
Por Redacción |
-
Un único convenio regulará a todos os empregados municipais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras demanda o Concello de Sanxenxo por negociación ilegal
Por Oskar Viéitez |